Principia o xuízo pola folga do 2006 no medio dunha fenda sindical no metal de Pontevedra

Principia o xuízo pola folga do 2006 no medio dunha fenda sindical no metal de Pontevedra

19 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os trece traballadores do metal xulgados, entre outras cuestións, por resistencia e agresión á autoridade durante os incidentes rexistrados na folga do sector en Vigo do ano 2006 negaron os cargos que se lles imputan durante a primeira xornada do xuízo celebrado no xulgado do Penal número 2 da cidade olívica. O sindicato CIG-Metal convocou unha media xornada de folga en solidariedade cos operarios e manifestouse polo centro de Vigo. A central nacionalista denuncia q

O xuízo continúa mañá, precisamente cando se retoman as negociacións polo convenio colectivo para o sector metalúrxico da provincia de Pontevedra. A patronal tentará pechar un acordo coas centrais de UXT e CCOO, sen contar coa CIG, cuxo responsable de negociación, Antolín Alcántara, denunciou en Radiofusiòn que están a facerlles o vacío, polo que non avalarán o resultado das conversas.

Sociedade