Proba dura por vento racheado

Proba dura por vento racheado
15 de Abril, 2019 - 10:12 h. | Publicada por Radio Fene

O Clube Atletismo Fene fixo historia no Campionato de Galicia de Maratón ( 42, 195 Km ) celebrado na Coruña o domingo dia 14. Proclamáronse campións galegos por equipos. A carreira tivo lugar con moita calor, humidade e vento en parte do circuíto. Houbo oitocentas persoas inscritas, con 644 no maratón popular e 168 no campionato galego.

Clube Atletismo Fene, campión de clubes no campionato galego de maratón

MIguel Penedo e Rosario Figueroa proclamáronse campións galegos de maratón, e o keniano Dominic Pkemoi, foi o primeiro na xeral do Coruña42. A clasificación dos atletas de Fene foi a seguinte :  

 

Jonathan Fernández Ríos: Quinto posto que realizou unha carreira moi intelixente de menos a máis pois facía un mes que compiteu en Barcelona  cun tiempo de 2 h. 42´. 51'' . 

 

Luís Pérez Varela 11º cun tempo de 2h. 47´.15'' que realizou unha boa carreira e nos últimos km lle afectou a humidade e o calor . 

 

Carlos González Vázquez  21º con un tempo de 2h. 52´. 57'' . 

 

Samuel Ramírez Rodríguez  44º cun tempo de 3h. 19´02''. 

 

Para a puntuación por equipos contabilízase a suma dos tempos dos tres primeiros atletas do club en chegar a meta 08:23:03 . Segundo posto Atmo. Samertolameu.  Terceiro Club : Deportivo Pinarium. 

 

Gran día para a familia atlética do Clube Atletismo Fene que por primeira vez  desde a súa fundación na tempada 2016/2017 alcanza un podio por equipos nunha competición a nivel federado.

Deportes

Publica o teu comentario agora