Problemas no traballo

Problemas no traballo
26 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O alcoholismo afecta a todos os aspectos da vida. Saúde, relacións e tamén traballo. As consecuencias negativas no mundo laboral centraron unha nova edición do espazo que Radio Fene ofrece en colaboración co Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.María e Isabel contaron como lles afectou esta enfermidade mental no traballo. 

ESCOITA O PODCAST:

"Moitas veces son problemas aínda que sexan indirectos”, relata María. “Retrasos, chegar tarde, non rendes”, engade Isabel que “nos últimos anos tiña que beber ata para traballar, cheguei a levar bebida agochada nun bote no que supostamente levaba café”.

“Esta enfermidade é progresiva”, lembra María. “Un bo día atopas que non podes máis e bebes”. “Eu nunca estaba contenta, sempre en tensión, levaba bricks pequenos de viño no bolso e chicles de menta para o olor, eu non cheguei estar borracha no traballo, pero si ulía e ía de resaca”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora