A produción de mel mantense estable

A produción de mel mantense estable

03 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A produción etiquetada de Mel de Galicia permaneceu estable nos últimos anos. Rexístrase un pequeno descenso no número de apicultores pero medran as colmeas e a produción. Iso a pesar das advertencias dos apicultores das consecuencias dañinas para as abellas das fumigacións xeneralizadas. No 2007, 410 apicultores con 30.952 colmeas producian 304 toneladas de mel etiquetada coa Indicación Xeográfica Protexida. No 2010, 392 apicultores con 32.419

Novos produtos fitosanitarios tóxicos para as abellas, están a provocar a morte de cantidades importantes destes insectos. Os apicultores prognostican unha catástrofe medioambiental se non se pon remedio a unha situación que veñen denunciando desde hai anos. As abellas son os polinizadores máis importantes das plantas con flores. Calcúlase que a terceira parte dos alimentos humanos son polinizados por insectos, fundamentalmente polas apis mellifera.

“Quedámonos sen abellas”. Este é o berro que lanzaban xa no 2009 desde a Asociación Galega de Apicultura. A través dunhas xornadas divulgativas que se celebraban en Ferrol, o colectivo pretendía concienciar á cidadanía sobre a importancia medioambiental destes insectos, que son os responsables do 80% da reprodución das plantas con flores e do 30% da alimentación humana.

Sociedade