Produtos naturais para lograr persoas sanas

Produtos naturais para lograr persoas sanas

09 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Productos naturais para lograr persoas sanas. Esa é a receita de Juan Antón Mora. El vive en Alzira-Valencia onde propón, co exemplo, un novo concepto de relación co entorno no seu bosco de alimentos.

Juan Antón citou en Radio Fene unha investigación realizada en torno aos sabores do tomate. Un dos fertilizantes crea sede na planta para que absorba auga. Colle forma e bó aspecto, pero deixa no chan outros nutrientes que eran os que lle daban o sabor característico. No seu bosco de alimentos inclue trinta variedades de árbores, hortalizas e vexetais. “Utilizando unha terraza acristalada podo plantar todos os dias do ano” afirma este agricultor de 79 anos. “Cun bó e variado esterco dámoslle alimento e evitamos moitas plagas, como se pode comprobar no meu bosco que leva xa vinte anos” salienta Juan Antón Mora.

Sociedade