Project Miño, unha recreación das músicas folclóricas galegas e portuguesas con alento de jazz

Project Miño, unha recreación das músicas folclóricas galegas e portuguesas con alento de jazz

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Jazz Atlántico de Baldo Martínez chega ao Teatro Jofre de Ferrol. Unha oportunidade de escoitar os temas do  último disco do contrabaixista ferrolán, Project Miño, acompañado á voz por Maite Dono.

Este último traballo de Baldo Martínez, Project Miño, naceu no Festival Internacional de Guimaraes, como un intento de recrear as músicas folclóricas tradicionais de Galicia e Portugal co alento do jazz. No proxecto veñen colaborando diversos músicos. Nesta ocasión a voz que acompañará ao grupo será a de Maite Dono.

A cita no Jofre con Baldo Martínez e o seu “Project Miño” será este sábado 24, ás oito e media do serán. O prezo da entrada é de 10 euros.O día anterior, o venres, actuarán no Centro Cultural Torrente Ballester, ás dez da noite, dentro do Jazz Session Colectiva.

Cultura