Proliferan especies invasoras

Proliferan especies invasoras
09 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (ADEGA) reclama ao Concello de Narón medidas para eliminar os plumachos ou herba da pampa nas marxes do río Freixeiro, ao carón da estrada de Castela. Os ecoloxistas advirten do risco de avance desta planta invasora se non se toman as medidas necesarias nas obras que se realizan na zona. 

Plumachos no río Freixeiro. Narón

O plumacho  é unha das especies máis perigosas pola súa capacidade colonizadora. Onde se asentan, o resto das plantas con flor tenden a desaparecer, o que representa un serio perigo para os apicultores, indica ADEGA.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora