Promover a doazón de leite materno

Queren promover a doazón de leite materno
07 de Xaneiro, 2019 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Queren promover a doazón de leite materno. Vai destinado a prematuros que o reciben como un medicamento. Agora as nais poden efectuar a doazón no Complexo Hospitarlario Universitario de Ferrol. Dalí trasládase o leite a Santiago onde está ubicado o banco de leite materno. É unha achega moi importante para axudar a nenos prematuros con menos de 32 semanas ou menos de 1.500 gramos, con patoloxias dixestivas, cardiopatías ou asfixias neonatais. O leite materno é un produto que non ten sustituto médico.

ESCOITA O PODCAST:
Aliana Corral e Fátima González queren promover a doazón de leite materno

O banco de leite materno no Hospital de Santiago identifica, procesa e conserva o leite doado. As condicións garanten o seu uso seguro para a alimentación dos neonatos. O leite doado recíbese fresco se está recén extraido ou prefeferiblemente conxelado se ven da casa. Dispensase por prescripción médica aos neonatos enfermos, fundamentalmente prematuros.

 

En Ferrol

 

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) creou a unidade de recepción que evita desprazamentos a Santiago ás doantes. Incorporou un conxelador coa capacidade suficiente para manter o leite por baixo de 18 graos. O persoal de pediatría e enfermaría aprendeu a manexar un programa informático que os conecta co banco de leite de Santiago. As interesadas deben porse en contacto co servizo de Pediatría do CHUF que lles informará dos pasos a seguir para contribuír co banco do que xa se benefician tres bebés da área sanitaria de Ferrol.

Fátima González e Aliana Corral son nais doadoras e animan a outras mulleres a sumarse a iniciativa destacando que canta máis cantidade de leite materno se xera máis se produce. Elas forman parte de BBTTA Narón e destacan as múltiples vantaxes da lactancia materna para os naipelos e para as nais.

 

 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora