Propostas para un cárcere que simbolice a liberdade cidadá

Propostas para un cárcere que simbolice a liberdade cidadá

28 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Plataforma Proxecto Cárcere, que demanda a recuperación do antigo cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria, presenta á cidadanía o Plan de Viabilidade  realizado a partir das propostas de uso e rehabilitación do edificio provintes de persoas e colectivos da cidade da Coruña e a súa contorna. O acto de presentación terá lugar ás 20h no ximnasio do Colexio Curros Enriquez acompañado dunha activi

Proxecto Cárcere é unha plataforma cidadá que demanda que a antiga prisón provincial da Coruña sexa rehabilitada como un espazo de participación dos veciños consonte os criterios e propostas da propia cidadanía da Coruña. No Plan de Viabilidade inclúense propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos apostando por manter a estrutura orixinal do edificio baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo. Preténdese que o vello cárcere funcione como un espazo de encontro, coñecemento e participación cidadá, con propostas sociais, artísticas, culturais e turísticas, un centro sociocultural e da memoria a convivir con un albergue xuvenil, vivendas sociais, ou centro de interpretación da Torre de Hércules entre outros posibles usos.

Sociedade