Protagonismo local

Protagonismo local
28 de Maio, 2023 - 07:42 h. | Publicada por Radio Fene

As eleccións municipais celébranse neste domingo 28 de maio ata as oito da tarde. En Fene teñen dereito a voto en Fene 10.924 cidadáns. Poden escoller e depositar a papeleta nalgunha das 18 mesas electorais distribuídas en 11 locais. Nas últimas eleccións municipais en Fene en 2019 participou o 61,6% do censo cunha abstención do 38,4% . Daquela tiñan dereito ao voto 11.399 cidadáns. En Fene escollemos dezasete concelleiros que a súa vez votarán ao alcalde. As seis da tarde a participación en Fene era catro puntos por baixo desde os últimos comicios.

Fotografía Xan Xe

Nas últimas eleccións municipais en Galicia Partido Popular e PSOE practicamente empataron a 500.000 votos, por 200.000 do BNG e arredor de 100.000 das mareas. Os conservadores obtiveron 1.629 actas contra 1181 e 457 dos seus rivais progresistas. Votou hai catro anos o 67 % do censo en Galicia.

A cidadanía de Fene decide hoxe sobre a oferta cultural, sobre o urbanismo, a limpeza das rúas e a actividade municipal en materia de Servizos Sociais. Tamén opta entre as catro candidaturas sobre as súas propostas de futuro. Moitos dos problemas de Fene e da comarca de Ferrol escapan da directa competencia municipal, aínda que os Concellos aí tamén poden xogar un certo papel. Falamos do emprego, da vivenda, da educación e da saúde. 

Nestes últimos catro anos, os cambios sociais foron importantes. Chegou a intelixencia artificial que incide de xeito directo na educación. O cambio climático é unha evidencia e fai-se necesario adaptar tamén a nosa comarca para frear o deterioro ambiental. O coronavirus tamén puxo en valor a sanidade pública e evidenciou a necesidade de contar cunha vivenda digna na que poidamos utilizar o tempo de lecer.

 

Fotografía Xan Xe

Institucional

Publica o teu comentario agora