Protesta pola ordenanza do cemiterio

Protesta pola ordenanza do cemiterio

06 de Xullo, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

Un veciño de Fene, Jesús Rivera Piñón, interveu ao remate do pleno para protestar polo que considera un abuso das Ordenanzas fiscais do cemiterio municipal. Esta mañá en Radio Fene explicou cal é a situación que o leva a reclamar unha reforma da ordenanza en cuestión e a demandar unha resposta por escrito do alcalde.

Jesús Rivera interveu ao remate do pleno de xuño, explicando o seu problema. En vista de que non obtivo resposta, presentouse onte de novo. O traslado duns familiares ao cemiterio fenés e o correspondente cambio de cinzas no nicho, cobráronse como dúas operacións distintas, cando el entende que pagar o doble é un abuso. Nun primeiro momento os técnicos municipais non o interpretaron así.

Sociedade