Protexer o Planeta

Protexer o Planeta
21 de Marzo, 2024 - 04:02 h. | Publicada por Radio Fene

Multiplícanse as iniciativas neste comezo da primavera do Concello de Fene en materia de Medio Ambiente. Detallounas a concellería de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez no programa radiofónico A Fenestra

ESCOITA O PODCAST:

Stop Vespa Velutina é o nome da campaña informativa sobre o trampeo de velutinas que ten en marcha o Concello de Fene. Preténdese concienciar á veciñanza sobre a importancia de iniciar nestas datas o trampeo das novas raíñas fundadoras. “Son moi sinxelas de facer”, animou a concelleira. Nos últimos días, Medio Ambiente conmemorou o Día da Árbore coa plantación dunha oliveira no parque do Cádavo. Ten previsto, tamén, sumarse o sábado á Hora do Planeta, a campaña mundial de WWF. Apagarase o alumeado da Casa da Cultura durante unha hora, entre as 20.30 e as 21.30 horas do sábado e a concelleira animou á cidadanía a apoiar a iniciativa apagando as luces da casa “un xesto sinxelo, que non custa nada e que axuda a dar vida ao planeta”. Mari Carmen Martínez anunciou ademais, a intención do Concello de Fene de colaborar coa Asociación contra o Cancro coa declaración como “espazos sen fume” das zonas exteriores dos edificios administrativos municipais. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora