Protexerse do risco do Nadal

Protexerse do risco do Nadal
16 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Prefería estar solo”. Nunha semana darán comezo unhas festas que teñen sona de ser as máis entrañables do ano, pero non é así para todo o mundo. O Nadal é unha das peores épocas para o enfermo alcohólico, segundo contaron en Radio Fene Miguel e Mariel, do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

Ceas coa familia, reunións de empresa e con amigos… sempre regadas con alcol. Nas que beber está normalizado. Moitas veces acaban con sufrimento engadido para as persoas alcohólicas. Por iso algúns, como Miguel, preferían evitalas “Antes de empezar o Nadal xa me sentía mal porque ía ter que cumprir coa familia”. Co traballo como escusa, “prefería non vir,”. O alcoholismo é unha enfermidade incurable. Por iso, o Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra ofrece a posibilidade de celebrar estas datas en ceas sen alcol. Algo que dá seguridade a persoas como Mariel. “Para min é seguridade, estou tranquila, hai que pasala no Grupo se non póñome en risco”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora