PSOE e BNG de Fene, a piques de pechar os Orzamentos do 2010

PSOE e BNG de Fene, a piques de pechar os Orzamentos do 2010

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta semana podería quedar pechada a negociación entre os grupos municipais do PSOE e do BNG de Fene sobre os Orzamentos municipais do 2010. Hai varios puntos de encontro e as sumas están feitas, segundo o alcalde de Fene, quen afirmou que o PP non se avéu a negociar porque non quixo.

En relación co anuncio dos populares de que están xestionando un gran acto do Xacobeo para Fene, a Iván Puentes parécelle que é unha falta de delicadeza ter que enterarse pola prensa, e suxire aos populares que interveñan na Xunta a favor do Felipop un acontecemento ao que a administración autónoma lle retirou as subvencións.

Pero comezamos polas contas do 2010. Os temas de encontro entre socialistas e nacionalistas á hora de apoiar os nacionalistas os Orzamentos Municipais son fundamentalmente tres: 1.  Establecer un Plan de Emprego municipal para paliar os altos índices de paro e acometer pequenas obras de mantenemento.2. Incluir nos Orzamentos municipais unha partida de diñeiro para acometer a auga en magalofes, San Marcos e parte alta de Sillobre.3. Establecer a xornada laboral completa ás limpadoras municipais e ás empregadas de axuda no fogar.

Esta semana poderían quedar fechadas as negociacións nas que non participou o PP porque non quixo dende o principio, aseguróu iván Puentes. Anuncióu tamén o alcalde fenés que a Demarcación de Costas pretende iniciar a construcción da senda peonil pola zona costeira de Fene. Queren comezar o vial entre a zona portuaria de Barallobre e os terreos de Imenosa, conectando tamén a ribeira co peirao de Maniños.A posta en marcha da senda marítima pola franxa costeira do municipio, quérese empezar de inmediato segundo comunicou a Dirección Xeral de Costas ao alcalde fenés.

Sociedade