Puentes busca axudas en Educación para soterrar as liñas de alta tensión na Xunqueira

Puentes busca axudas en Educación para soterrar as liñas de alta tensión na Xunqueira

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un grupo de pais e nais do colexio A Xunqueira de San Valentín, co alcalde ao frente, reuníronse esta mañán co Secretario Xeral da Conselleria de Educación para achegarlle a necesidade de soterrar a liña de alta tensión que discurre a carón do centro escolar. Iván Puentes interesóuse ademáis pola ampliación do IES de Barallobre, pola aula de Educación Física que precisa o colexio Centieiras de Perlío e p

A execución do primeiro proxecto é unha vella demanda do Concello, dos veciños de San Valentín e dos pais e nais dos nenos e nenas que acuden diariamente ao centro de ensino., os solicitantes foron informados que se ben o proxecto está valorado en 1 millón de euros, a Consellería de Industria podería facerse cargo dun tercio do coste, a compañía eléctrica doutro tercio e tería que ser o Concello o que abonase os preto de 334.000 euros restantes. Iván Puentes afirmaba que, se ben o Concello non pode na actualidade facerse cargo do pago desta cantidade, non cesará de buscar as vías de financiamento necesarias. Así, e dado que a liña de alta tensión afecta a un Centro de Ensino, puxéronse en contacto coa Consellería de Educación para saber en que medida poderían facerse cargo de parte do custe da obra. Aínda así, o obxectivo do Concello é o de realizar o proxecto completo, é dicir, levar a cabo o tramo total do soterramento dende Navantia ata a zona do Sartego.

Por outra banda, a visita valeu tamén para que Puentes lle fixera chegar á Secretaría Xeral de Educación as necesidades doutros centros de ensino como a ampliación do Instituto de Barallobre , proxecto aprobado xa polo Pleno do Concello que está á espera de que sexa abordado pola Xunta de Galicia, o mesmo que o novo ximnasio e a aula de informática do IES.

Fíxose chegar así mesmo a necesidade de ampliar o Colexio de Centieiras cunha nova aula de Educación Física e da realización de melloras nos colexios de Os Casais e O Ramo. Dende a Xunta afirman que enviarán a un técnico para que comprobe in situ as necesidades relatadas polo alcalde fenés e os representantes de pais e nais e estude as posibilidades de financiamento en cada un dos casos.

Sociedade