Punk Rock de furancho contra a pandemia

Punk Rock de furancho contra a pandemia
17 de Agosto, 2020 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

As Efémeras son un grupo de artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidas coa ecoloxía e a fala do país. Con este proxecto, que comezaron no 2019, pretenden mandar unha mensaxe de Rural Punk de Furancho.

ESCOITA O PODCAST:
Integrantes das Efémeras

A súa é “Música lixeira e contundente, bailable e feliz” segundo afirma Fon Conde, membro do grupo. O seu primeiro tema gravado para o disco do colectivo Artelixo titúlase CHORA O MAR e é un alegato contra a contaminación. Non tiñan pensado gravar un CD propio pero debido ao éxito que están tendo as súas letras comentan que “A finais de ano ou principios do seguinte igual presentamos algo”.

Malia a pandemia, poderemos velos durante a súa xira furancheira este verán e, en setembro, na Arca de Noe en Ourense.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora