Puntada sen fío preséntase na casa

Puntada sen fío preséntase na casa

19 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non dar pancada ou non dicir palabra. Pero tamén traballar de xeito calculado. Son os significados da expresión Non dar puntada sen fío. Puntada sen fío é tamén a denominación dun grupo musical que pretende distinguirse pola súa sonoridade á hora de interpretar a tradición musical galega. A voz de Xiana Lastra, o vibráfono de Juan Collazo e o saxo de Roberto Rama mistúranse ata lograr a emoción

Puntada sen Fío é un grupo de recente creación, formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (vibráfono e percusión) e Roberto Rama (saxo), que presenta o seu primeiro traballo discográfico: A lúa prendeu a luz.  O disco recolle cantigas baseadas na nosa música tradicional, pero tamén de autor ou mesmo algunha de fóra de Galicia traducida á nosa lingua. Todo isto, aderezado pola maior peculiariedade do grupo: a súa sonoridade, dada polos instrumentos nada habituais que utilizan.

Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como O Meu Primeiro Celso Emilio ou A Miña Primeira Rosalía, a súa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos, nacendo así esta nova formación que quere ter persoalidade propia. segundo a voz do grupo, Xiana Lastra.

Cultura