A punto a cubrición da pista de Centieiras

Gumersindo Galego avanzou o inminente inicio das obras para cubrir a pista deportiva do centro
04 de Marzo, 2019 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

Concluíron os traballos de substitución das ventás e instalación de sistemas antipánico no CEIP Centieiras de Perlío- Fene-

O CEIP Centieiras de Perlío contempla a renovación dunha boa parte das ventás e máis a dotación de sistemas antipánico nas portas de entrada, saída e máis do ximnasio. Foi a finais do curso pasado, noutra visita realizada polo xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana e o alcalde de Fene ao centro para a entrega de novos equipos informáticos cando a dirección lles planteou a necesidade de instalar novas ventás para mellorar o illamento, unha demanda que agora se ve satisfeita. Gumersindo Galego  destacou que a medida traerá consigo un aforro enerxético importante e, ao respecto, lembrou que a principios de curso o Concello dotaba ao centro dun novo sistema de calefacción cun investimento de 11.000 euros que xa rebaixaba o consumo respecto ao anterior.

O alcalde aproveitou a visita para informar da recente adxudicación das obras de cubrición da pista deportiva do CEIP por un importe cercano aos 300.000 euros, procedentes do remanente de tesourería. As obras iniciaranse nas próximas semanas dando así cumprimento a unha demanda da comunidade educativa longamente revindicada, xa que ata o momento non disponían dun espazo cuberto para desenvolver as clases de ximnasia ou os recreos nos días de choiva. Ademais, o Concello tamén contempla o acondicionamento das gradas exteriores cun investimento estimado de 40.000 euros.

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Indalecio Cabana, xunto ao alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a edil de área, Ana Novo, visitaron o CEIP Plurilingüe de Centieiras para supervisar o remate dos traballos realizados no centro.

Institucional

Publica o teu comentario agora