ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Museos Científicos Coruñeses preparan unha Monografía de Comunicación Científica sobre "Enerxía solar". Con esta finalidade solicitan a participación dos cidadáns mediante o envío das súas preguntas á seguinte dirección de correo electrónico: mc2responde@casaciencias.org. Tamén poden deixalas por escrito na recepción d
A necesidade por buscar enerxías alternativas aos combustibles fósiles, que resultan altamente contaminantes e inciden en incrementar a cantidade atmosférica de dióxido de carbono, provocou a investigación e o desenvolvemento de fontes alternativas como a solar, eólica, biomasa, xeotérmica, etc. Unha das que suscita certa polémica nestes momentos, por exemplo en canto á súa rendibilidade, é a enerxía solar.
Os Museos Científicos Coruñeses desexan responder á demanda social de información científica-tecnolóxica sobre esta cuestión publicando un documento que recolla as preocupacións, curiosidades e intereses de todos os cidadáns. Porén, convidan a todos a participar nesta iniciativa. Recolleranse preguntas ata o 4 de abril.