Que ben sabe a orella!

Que ben sabe a orella!
16 de Agosto, 2019 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

Un completo programa artella a Asociación Veciñal de Limodre para celebrar os vintecinco cumpre anos da festa da orella. Ademais das racións de orella, chourizo, patacas e pan, tamén se servirán bocadillos de liscos. Festa da Orella de Limodre, o sábado da vindeira semana.

Festa da Orella de Limodre. 2017

O programa comezará á unha e media do mediodía coa actuación da Tribo das Flores. As sete da tarde haberá unha exhibición de bailes de salón da escola TEDAGA. Andoa ás oito da tarde e Juan Paris ás dez e media da noite, tamén actuarán en Limodre o sábado vintecatro de agosto.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora