Que fan os bancos cos nosos cartos?

Que fan os bancos cos nosos cartos?

28 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem e en colaboración con Coop57, AIS O Peto e Adicae, organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas. Neste documental tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de e

"Con tu Dinero" pretende reflectir as prácticas financeiras alternativas á banca convencional que podemos atopar na actualidade no Estado español. Segundo os promotores do filme, a crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as.

Con este documental quérense facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias: inversións en empresas de armamento, en multinacionais con amplos historiais de incumprimento de dereitos laborais e humanos dos/as traballadores/as, en empresas enerxéticas que realizan obras ecoloxicamente inadmisíbeis en países do sur cuxa poboación está desprotexida por ausencia de lexislación ou gobernos corruptos, desfiuzamentos, etc.

Sociedade