Que Ferrol non quede mudo diante do derrubo da fábrica de lápis.

Que Ferrol non quede mudo diante do derrubo da fábrica de lápis.

23 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañán na Sala da Delegación Ferrolá do Coag, rúa Real, 14-16 baixo,  terá lugar un acto en defensa do Patrimonio industrial da comarca e particularmente da Fabrica de Lapis. O acto consistirá nunha mesa redonda coa presenza entre outros do Presidente do TCCIH (membro de ICOMOS) Portugal, Jose Manuel López Cordeiro, que se desplazará especialmente dende Porto para este acto  e do Catedrático da USC  Xoán Carmona.

O alcalde de Ferrol anunciou en FITUR que vai poñer en marcha un proxecto de promoción turística da cidade: denominado “ Ruta da construción naval”. O Concello de Ferrol, a Confederación de Empresarios de Ferrolterra (Cofer), Navantia e o Arsenal Militar traballan na posta en marcha, de cara á  primavera, pensando na Semana Santa, principal evento turístico da cidade. A intención é estender esta ruta industrial a outros concellos da comarca, de tal xeito que inclúa visitas á antiga Astano, en Fene; ou ao complexo térmico de Endesa, nas Pontes.

Non corre a mesma sorte a industria civil como por exemplo a fábrica de lápis. Despois da defensa que do inmoble fixeron o COAG, o Comité Internacional para a conservación do patrimonio industrial ou o economista Xoan Carmona; agora é o  catedrático de Historia da Arte na Universidade de Compostela, o ferrolán Vigo Trasancos, o que  sae na defensa da fábrica Hispania. Nun extenso articulo enviado á prensa Vigo amosase perplexo pola demolición do inmoble. Participou no 2008 co Consello da Cultura Galega para declarar BIC o barrio de Ferrol Vello.

Por qué? Porque é o barrio matriz da cidade e hai que respectar certos espacios. Entre os edificios máis destacables está, segundo o profesor Vigo, a fábria de lapis. Os argumentos para a sua supervivencia pasan: polo interés da sua tipoloxía industrial na que afondaba a semana pasada Xan Carmona. O valor da sua arquitectura art decó e por ser obra dun dos mellores arquitectos do momento, Nemesio López. Segundo asegura Alfredo Vigo, a fábrica de lápis quedou dentro do entorno de protección, delimitando polo norte a zona catalogada como Ben de Interés Cultural -BIC-

Vigo Trasancos denuncia que todo quede en papel mollado e lanza un chamamento á Xunta de Galicia para que actúe e defenda o publicado no seu Diario Oficial. Falta que os cidadáns defendan o seu e que o concello se implique. O profesor Vigo concorda co COAG e co Comité Internacional para a conservación do patrimonio industrial, en que non sexa quizás  necesario manter todo o edificio.
Esta mañán a delegación de Ferrol do COAG, anunciaba a convocatoria desa mesa redonda que, cando menos, abre unha porta á esperanza, cando menos Ferrol non queda mudo. 

Sociedade