Que non nos chamen “perro frautas”!

Que non nos chamen “perro frautas”!

26 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A chamada espallada por todo o Estado abandeirada baixo o lema “Democracia Real Xa” ten na Praza de Armas da cidade departamental a súa base. Este movemento xurdido das redes sociais está a contar cunha moi boa aceptación entre xóvenes e os non tan xóvenes que ven nesta acción a oportunidade para constatar o seu rexeitamento ao sistema económico e político actual.

“Que non nos chamen "perro frautas”, sinala unha das participantes. Esta estudante de enxeñería técnica de deseño industrial albisca o paro ao final dos estudos. Amósase contraria ao que cualifica como “sistema democrático inxusto” mentras almorza un zume de laranxa para renovar folgos. Neste campamento provisional permanecerá ata o 15 de xuño, data prevista desde Barcelona para o fin desta revolución. 

Pedro, é un rapaz de 27 anos desempregado e enfermo. Tras un accidente de automóbil non pode traballar pero tampouco lle dan a incapacidade pola súa xuventude. Indignado co panorama actual, argumenta que o pasado domingo elexiuse en Ferrol un alcalde con maioría absoluta con só o 22% dos votos. Isto non reflicte o paracer da sociedade ferrolá. 

“Xogando ao Monopoly”. Deste xeito, outro mozo describe o papel dos bancos nestes tempos de crise.

Sociedade