Que o verso baixe á rúa

Que o verso baixe á rúa

17 de Novembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Reflexos, reflexións. Que o verso baixe á rúa. Unha iniciativa de promoción da poesía e da lingua galega, recibiu o premio Luisa Villalta. Proponse inundar de poesía os tres campus da Universidade da Coruña, nos recunchos, nas rotondas, nas marquesiñas, nos pasos de peóns, nos pasillos das Facultades. E tamén dar oportunidade de participar, de completar os poemas por parte da cidadanía.  “Queremos galeguizar a pais

Propostas de arte efímera, lanz art, imáns para as marquesiñas, grafittis en diferentes zonas coa intención de abrir a poesía galega a todos os viandantes. Que vexan o noso patrimonio e a nosa poesía, como un xénero experimental pero cun sentido lúdico.

O xurado do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras decidiu conceder este galardón na modalidade de “Premio a unha idea para a promoción do galego” ao traballo presentado baixo o lema Que o verso baixe á rúa. O traballo é da autoría de Patricia Carballal, Estefanía Mosquera, Montserrat Muriano, Iria Sobrino e Roberto Suárez, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O equipo gañador recibirá 800 euros.

Sociedade