Que veñen os vikingos!

Este sábado os vikingos de Río Castro invaden a praia de Río Sandeu
25 de Xullo, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Batalla na auga, cervexa e churrascada na invasión vikinga

Achégase a invasión vikinga. Este sábado a praia de Río Sandeu vivirá o asalto dos vikingos de Río Castro. A festa cumple xa 14 anos, nesta ocasión con novidades.

A rivalidade notarase máis que nunca, xa que se repartirán camisetas negras e vermellas para distinguir ós bandos. Os barcos e demais artiluxios flotantes sairán dende Almieias ás seis da tarde cara Rio Sandeu para unha gran batalla acuática.

Segueralle unha festa de escuma e ás 20:30h unha churrascada con bolos preñados e cervexa para os participantes. Hai xa máis de 400 anotados. As inscricións son por 20 euros con dereito a camisola, cea e o que se sirva. Pechan o venres 25, podes inscribirte no Bar O Emigrante de Limodre. A noite a amenizará a música do grupo Pasión e Malditos Pendejos.

Cultura

Publica o teu comentario agora