Quedou ás portas

Numancia 4- Barallobre 1
11 de Novembro, 2019 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

Viñan de dúas boas actuacións e este co Numancia non foi o mellor partido do Barallobre que se queda ás portas de lograr a clasificación.

ESCOITA O PODCAST:

“Non foi o mellor partido. Viñamos de dous bos, pero non puido ser”. Son reflexións do técnico do Barallobre, Oscar Varela, despois do Numancia 4- Barallobre 1, gol de Guillermo no minuto 36. Afirma Varela que na primeira parte aínda competiron ben chegando ao descanso cun 2-1 no marcador. Na segunda parte, pola contra, custoulles entrar no partido, perdian o balón e, como di o técnico do Barallobre, estiveron “fallones”. O Numancia mete os outros dous goles e xa desapareceu o Barallabre do terreo de xogo.

Preguntamos a Oscar Varela, qué foi o que fallou para estar calsificados no grupo B? Responde que non tiveron o acerto de rematar as xogadas, que lle custou facer gol. "Se tivesemos gañado os partidos que tiñamos que gañar e perdimos nos últimos minutos, a historia sería outra" sentencia Oscar Varela. Vai ser dificil motivar aos xogadores nas duas xornadas que faltan pero sería importante gañalas para ter boas sensacións no empezo da segunda volta, conclúe o técnico do Barallobre.

(Na imaxe, Peque, Rubén e Joao)

Deportes

Publica o teu comentario agora