Quedoulle para as medras

Quedoulle para as medras
05 de Febreiro, 2024 - 10:07 h. | Publicada por Radio Fene

Quedoulle para as medras. A peza de roupa resultoulle grande ao Perlío na súa visita a Meicende en partido da Primeira Galicia de fútbol. "Visto o resultado e o xogo quedounos grande o rival" recoñece o segundo adestrador do equipo dos Pinares, Rubén Varela: "O Meicende é un equipo moi ben traballado, con moitos automatismos e ocupa unha posición relevante na clasificación por méritos propios". Meicende 5 - 0 Perlío

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

"Na primeira parte tivemos ocasións de gol, pero non logramos materializar e en cambio eles cada vez que chegaban á portería, conseguian finalizar" indica Varela. "Nós empezamos moi ben, nos primeiros quince minutos afrontamos ven o partido, pero cando foron chegando os tantos do equipo local, xa decaeron os folgos".
 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora