Quen lle teme á orella?

Quen lle teme á orella?
26 de Agosto, 2019 - 09:28 h. | Publicada por Radio Fene

A festa da orella de Limodre esgotou as existencias..As persoas asistentes tamén deron conta das racións de liscos que este ano constituíron a novidade dun evento que cumpriu vintecinco anos. As exhibicións de baile, as actuacións musicais e o bo tempo acompañaron á celebración organizada pola asociación veciñal de Limodre arredor da orella de porco.

Festa da Orella de Limodre. 2019

Os comensais, novos e maiores, tamén laudaron o deseño do cartaz da festa, elaborado este ano polo estudante de Belas Artes Teo Castro. A festa celebrouse o sábado en sesións de mediodía e de noite, na pista polideportiva de Limodre en Fene, baixo carpa.

Sociedade

Publica o teu comentario agora