Quen paga as máscaras?

Quen paga as máscaras?
19 de Agosto, 2020 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

As ANPAS galegas queren un protocolo sanitario específico para cada centro escolar. Demandan que os plans COVID sexan validados expresamente polas autoridades sanitarias e educativas, responsabilizandose así dos mesmos. O persoal docente e as ANPAs carecen de capacitación e profesionalidade e non deben ter a obriga de enfrontar as consecuencias que poidan xurdir da súa redacción insuficiente, segundo afirman.

ESCOITA O PODCAST:
O colexio Os Casais do Día da Árbore. 16 marzo 2017.

As familias galegas están fondamente preocupadas pola situación sanitaria, asistencial e educativa que se presenta poucas semanas antes do inicio do curso. Manifestan que teñen a sensación dunha gran falta de coherencia da Xunta de Galicia. “Parece que a consellería só se preocupa por non ter que gastar máis diñeiro na seguridade e na educación da rapazada”. Botan en falla un esforzo para a formación en Internet do profesorado, dos nenos e nenas e tamén das familias. Non é somente o profesorado o que debe poñerse ao dia no manexo das novas tecnoloxias, segundo o presidente da Confederación de ANPAS galegas Fernando Lacaci.

Afirman que queren unha volta presencial ás aulas, porque é o mellor para o alumnado galego, pola súa saúde emocional, a calidade educativa e tamén porque garante un tratamento en igualdade e unha atención real á diversidade. Pero as ANPAS tamén precisan que non están dispostas a aceptar o comezo do curso en calquera condición. As familias son as responsabeis últimas da saúde e da formación dos fillos e fillas. Censuran o desaproveitamento do verán para extender Internet nas áreas rurais. Non se fixo nada para resolver os problemas de conectividade á rede de moitas zonas de Galicia.

As ANPAS reclaman igualmente un protocolo de información ás familias, definindo claramente cales son as canles de comunicación e as ferramentas tecnolóxicas que deban empregarse en cada momento. Poñer por escrito as condicións da volta ás aulas. Ese documento debe incluir o horario de chegada ao centro do transporte escolar, a organización da limpeza fora da xornada lectiva e a permanencia dos posibeis grupos burbulla en cada colexio e instituto.

Institucional

Publica o teu comentario agora