Quentando para a carreira da muller

Fene participa na Carreira da muller o domingo 22 de setembro
10 de Setembro, 2019 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

181 mulleres de Fene participarán na carreira do 22 de setembro na Coruña. A maior ten 83 anos.

O venres 6 de setembro pechou o prazo para anotarse en Fene na carreira da Muller da cidade de A Coruña coa asociación Por+ vida. Este ano participan 181 mulleres, sendo a máis veterana de 83 anos e a máis nova de 14 anos. Agardan ter unha moi boa experiencia un ano máis e con esta serán sete edicións e tamén, por qué non, traer algún premio como todos os anos.

A recollida de material faina a asociación na cidade herculina nas instalacións de Palexco e será repartido o sabado 21 no salón de plenos do concello de Fene en horario de 11 a 13 horas. A saída para a carreira está programada para as 8.30 horas do domingo 22 de setembro e a volta sobre as 14 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora