Queremos un tren

Pasaxeiros de Ferrol e da Coruña colleron o tren e atopáronse en Betanzos para reclamar a modernización da liña
17 de Decembro, 2018 - 09:23 h. | Publicada por Radio Fene

Unha liña férrea que se manten igual que en 1913 e que lle leva unha hora e media o traxecto Ferrol - A Coruña, está obsoleta. Preténdese elevar a reclamación dun tren digno ao Congreso dos Deputados.

Queremos un tren digno, que poida competir co transporte por estrada, afirma o alcalde de Ferrol Jorge Suárez. Unhas tres mil persoas desprázanse a diario para traballar de Ferrol á Coruña. Deles utilizan o tren cento sesenta e sete. A liña férrea mantense igual que en 1913 e o traxecto ata a cidade herculina ronda a hora e vinte minutos. Dende Ferrol en Común estanse a organizar diversos actos para reinvindicar un tren digno para Ferrol e a nosa comarca. "A nosa liña ferroviaria leva dende 1913 sen ningunha mellora, sendo para o Ministerio de Fomento un tema que non está dentro das súas preocupacións; pero para nos sí é unha prioridade, xa que é un servizo que debe darse dun xeito digno para as nosas veciñas e veciños", afirma o alcalde ferrolán. Xa se teñen feito diferentes actividades. Queda o xoves 20 de decembro, cando o Alcalde e unha representación de FeC, se reunan en Madrid co grupo En Marea, Pablo Iglesias e Alberto Garzón para achegar a reivindicación dun tren digno ao Congreso.

Sociedade

Publica o teu comentario agora