Queren enterrar a Ferrol

Queren enterrar a Ferrol

24 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Queren enterrar a Ferrol. Un pais costeiro que non coida a súa construción de barcos, carece de futuro. Basta xa de mentiras e trampas do goberno central e da Xunta de Galicia. Eran comentarios dos manifestantes que esta mañá percorreron as rúas céntricas da cidade departamental reclamando traballo para os estaleiros. A poeta Medos Romero puxo á voz á leitura dun manifesto final na Praza de Armas.

O voceiro do comité de empresa de Navantia Ferrol Ignacio Naveiras insistiu na necesidade de habilitar o dique flotante -vital para a división de reparacións, concretar o comezo da construción do flotel para México e activar a nova fragata "prometida desde o 2004 e incluida como compromiso no discurso de investidura de Rajoy cando chegou á presidencia do goberno".

Na manifestación tamén participaron Francisco Jorquera, portavoz do grupo parlamentario do BNG; a deputada do PSdeG, Beatriz Sestayo; e a viceportavoz do grupo parlamentario de AGE, Yolanda Díaz, entre outros representantes políticos. Algúns manifestantes portaban chapeus mexicanos en alusión aos contratos de Pemex. Outros viaxaban a bordo de barcos de cartón, como única carga de traballo que terá a ría a partir de agosto se non se conseguen novos contratos.

Sociedade