Queren pediatras

Pais e nais de Fene e Capela e doutros concellos vense afectados pola falla de pediatras nos centros de saúde.
07 de Novembro, 2019 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

O sabado 9 de novembro os pais e nais afectados convocan a segunda protesta, esta vez ás 12:00h diante do Arquitecto Marcide.

ESCOITA O PODCAST:

No nome das nais afectadas, Vanesa Cortizas, explicanos cal é a situación a dia de hoxe na atención pediátrica no centro de saúde do Tarrío.

http://173.255.131.18/audio/071119CORTIZAS.mp3

As dúas pediatras do centro de saúde de Fene atópanse de baixa e o Sergas non cubre os seus postos de xeito satisfactorio. Os problemas de atención a nenos e nenas afectan a Fene e Capela pero tamén a Ares, Mugardos, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e As Somozas. Un colectivo de pais e nais afectados por esta carencia de pediatras, convocan unha concentración este sabado ás 12 do mediodía diante do Arquitecto Marcide. Será a segunda movilización que protagonicen nuns dias. A primeira foi en Fene, diante do centro de saúde ( na imaxe) e esta será en Ferrol, onde se encontra a dirección de zona do Sergas.

O Sergas deriva aos pacientes menores de tres anos ás urxencias do Arquitecto Marcide, onde poden ser atendidos por pediatras ou non. "Falla de previsión, de organización e precarización da sanidade pública galega son os males e as causas desta situación", en palabras das convocantes da protesta do sabado.

A disposición adicional primeira da lei de acompañamento dos orzamentos galegos do 2019 soliviantou aos pediatras do Servizo Galego de Saúde. Nela créase unha nova figura denominada “persoal facultativo especialista de pediatría de área, cuxo traballo se desenvolverá en atención, tanto primaria como hospitalaria, dentro da área sanitaria correspondente. É máis, a norma recolle que as categorías existentes, pediatra de primaria ou facultativo especialista, “considéraranse a extinguir”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora