Quero futbolistas con alegría

Fernando Vázquez e o Deportivo
05 de Febreiro, 2020 - 11:01 h. | Publicada por Radio Fene

No programa Vilanova de Radio Fene fala o psicólogo e Licenciado en Inef, José Barcia, sobre o efecto Fernándo Vázquez no cambio de rumbo do Depor.

ESCOITA O PODCAST:

“Quero futbolistas con alegría, sen depresión. O meu labor é meter ao equipo nunha dinámica diferente. Quero pasar a miña ilusión e a miña enerxia aos xogadores”. Son palabras do adestrador do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, pronunciadas xa na tempada 2012-2013. José Barcia fálanos en Vilanova, do chamado "milagre do Deportivo". De qué puido pasar para que se producira un cambio tan extraordinario neste equipo de fútbol que estaba absolutamente deprimido e desmotivado e de canto ten que ver nese cambio a figura do adestrador. Cales foron os maiores acertos que desde a psicoloxía utilizou Fernando Vázquez?. Falamos con Barcia, da importancia da psicoloxía para o rendemento dun futbolista e dun equipo.

(na imaxe, xogadores do Barallobre cando resucitaron ao equipo)

Deportes

Publica o teu comentario agora