Quero unha praia de verdade en San Valentín

Perlío ten unha fraga fermosísima e imos poder disfrutala
19 de Outubro, 2018 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

O concelleiro de Somos Fene desexaría poñer en valor os ríos ao seu paso pola zona urbana, para sumar un valor de fermosura a Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Falamos dos proxectos e do quefacer do grupo municipal Somos Fene, o outro membro do goberno bipartito de Fene xunto co PP. Os dous concelleiros de Somos Fene- César Castro e Rodríguez Bastida- detentan as áreas de Deportes, Medioambiemte e Obras. Hoxe falamos no espazo "As Foxas" de Radio Fene con Xoan Manuel Rodríguez Bastida, daquilo que están a facer en cada unha delas. Entre outras iniciativas falounos, na área de Deportes,da inmediata inauguración da pista de Cross na zona do Pazo de Barallobre ao lado das pistas de atletismo, ou das nostálxicas olimpiadas de Fene; falamos na área de Medioambiente da Fraga de Mundín que se vai acondicionar como área de recreo ou das obras que se van levar a cabo en diferentes parroquias como o acondicionamento da pista polideportiva de Fonte do Campo ou a rexeneración da praia de San Valentín. Quedan sete meses de goberno PP-Somos Fene e "moito que facer", afirma Bastida nesta entrevista.

Institucional

Publica o teu comentario agora