A quinta de Fene de 1959

A quinta de Fene de 1959

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pilar Seijo, Isabel Sánchez e Jose Carlos Casal forman a comisión organizadora dunha xolda que semella ter o éxito asegurado. En principio están convocados todas as persoas nacidas no Concello de Fene os anos 1958, 1959 e 1960, en total uns 130 cidadans.

No mes de maio concretaráse o menú e o prezo da cea, pero a iniciativa xa está aberta aos nacidos en 1959, ás súas parellas, amigos e familiares. Buscan compartir lembranzas e sobre todo xuntar tamén a persoas que na actualidade residen noutras partes do mundo.

Sociedade