Quintana: “O PP acusa a xuíces e policías, antes de recoñecer as irregularidades dos seus candidatos”

Quintana: “O PP acusa a xuíces e policías, antes de recoñecer as irregularidades dos seus candidatos”

16 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A creación dunha “Galicia forte e orgullosa de si mesma” foi un dos grandes logros do BNG durante a última lexislatura, segundo asegurou o seu candidato á presidencia da Xunta. Segundo as palabras de Anxo Quintana, “grazas ao traballo destes anos, agora son os galegos os que deciden”.

O número un nacionalista explicou en Allariz que o do seu partido é “un proxecto político sen trampa nin cartón”. En contraposición situou ao PPdeG, lembrando o cambio do cabeza de lista por Ourense 21 días despois de ser nomeado.

Quintana tamén criticou que os populares non ofrezan explicacións sobre as supostas irregularidades dos seus candidatos e que se dediquen a culpar a xuíces, policías ou fiscais. “Se fai falla, culpan ata o Papa de Roma”, remarcou o candidato do Bng.

Sociedade