Quintana adianta a creación dun Instituto Castelao para promover a cultura galega no exterior

Quintana adianta a creación dun Instituto Castelao para promover a cultura galega no exterior

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A creación dun Instituto Castelao para ensinar galego no exterior foi a principal proposta que presentou o candidato do BNG, Anxo Quintana, no marco dun encontro con representantes do eido cultural. O obxectivo deste instituto sería o de promocionar a nosa cultura por todo o mundo e, con ese finalidade, poríanse en marcha delegacións en diversos recunchos do planeta.

O numero 1 dos nacionalistas avanzou que a próxima lexislatura será na que se materialice un dos proxectos máis ambiciosos: a Cidade da Cultura. Nese senso, lembrou que o reto que se ten marcado o bng é “pór o que era unha obra sen proxecto ao servizo dos cidadáns”.

Quintana tamén destacou a necesidade de unificar competencialmente o ámbito audiovisual e prometeu que, de seguir no goberno, ese será un dos seus principais obxectivos e obrigas.

Institucional