Quintana esta tarde en Ourense e Zapatero mañá en Santiago

Quintana esta tarde en Ourense e Zapatero mañá en Santiago

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O candidato á presidencia da Xunta polo BNG Anxo Quintana intervén ás 20,15 desta tarde no pavillón dos Remedios de Ourense. O presidente do goberno José Luis Rodriguez Zapatero desprázase mañá a Galicia para apoiar a candidatura de Pérez Touriño coa súa intervención nun acto no mercado de Amio en Santiago de Compostela

"Non me van dobrar", reitera Anxo Quintana diante dos ataques que ten recibido nas últimas horas. Aludía así ás fotografias da súa conversa co empresario Jacinto Rey a bordo dun iate. As citadas imaxes datan de hai 4 anos, e xa foron publicadas por El Correo Gallego o 2 de setembro de 2005 sen xenerar nengún tipo de polémica.
"O señor Feijóo está facendo a campaña máis rastreira que se teña recordado na historia deste país", replicou con contundencia o candidato nacionalista á presidencia da Xunta, que se ofreceu a mostrar ao líder dos populares "ou meu álbum persoal para que vexa a cantidade de persoas coas que teño falado cumprindo coa miña obriga como vicepresidente". A cambio, pediría "explicacións por esta campaña tan sucia, polos casos de corrupción nos que vostede e ou seu partido están inmersos, por ter a Galicia non atraso".
Sociedade