Quintana promete que na vindeira lexislatura se pagarán todas as axudas da Dependencia

Quintana promete que na vindeira lexislatura se pagarán todas as axudas da Dependencia

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, participou nun acto con máis de 600 persoas maiores ás que lles expuxo o programa nacionalista en materia de servizos sociais e benestar. A eles pediulles que voten en liberdade e elixan o que consideren mellor para Galicia.

 

Do traballo deste tres ano e medio, o candidato nacionalista destacou o incremento de prazas públicas en residencias, a construción de 57 centro de día e a posta en marcha de programas de axuda no fogar e transporte adaptado. Pola contra, admitiu que queda moito por facer, xa que existen numerosos dependentes que están esperando pola súa prestación. Nesta liña, explicou que hai 54.000 persoas valoradas, 23.000 que teñen dereito á axuda e 11.500 que xa a están recibindo a súa correspondente prestanción. En relación coa aplicación da Lei da Dependencia, o candidato nacionalista asegurou que comezaron “un camiño moi importante que rematará na próxima lexislatura”

Sociedade