As rías e o futuro do planeta

As rías e o futuro do planeta
01 de Febreiro, 2024 - 02:29 h. | Publicada por Radio Fene

As Rías e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Radiofusión emitiu desde a antiga escola de Limodre o programa especial As Nosas Rías Onda ODS Empeza por ti. Durante tres horas, Ana Santiago e Toño Casais, director de Radio Neria de Corcubión, presentaron un programa polo que desfilaron distintos convidados que falaron da vida e os retos das nosas rías. 

ESCOITA O PODCAST:

Programa de radio realizado desde a escola de Limodre (Fene) ao longo de tres horas e media: http://173.255.131.18/audio/010224ONDA.mp3

Fotografía Xan Xe

Do patrimonio, á economía e desde o mundo do traballo ata a cultura, o ensino ou a gastronomía…foron moitos os asuntos abordados nesta programación especial, pola que tamén pasou o alcalde de Fene, Juventino Trigo. Destacou o rexedor que o deterioro do medioambiente non entende de fronteiras, como demostra a contaminación da ría de Ferrol. As rías e os retos de Onda ODS foron o fío condutor dun programa especial no que se falou das escolas indianas e a emigración, o labor da escola na concienciación da xente nova para facerlle fronte aos desafíos do Planeta. Os emigrantes modernizaron a educación en Galicia. Hoxe os escolares traballan en proxectos moi interesantes como os que detallou o alumnado do colexio Os Casais de Maniños na súa conversa con Toño e Ana. Medios de transporte, como as lanchas para cruzar a ría, a pesca do bacallau, os estaleiros. Os hórreos de Magalofes, as lavandeiras de Sillobre e a vida nas parroquias de Fene. Foron moitos os temas tratados neste programa especial que levou a radio á antiga escola indiana de Limodre.

"Onda ODS empeza por ti" é unha iniciativa conxunta de Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía, La Xarxa de Catalunya e a Red de Medios Comunitarios. 

Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Fotografia Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora