A rúa do Peirao e a rúa Hortelá

A rúa do Peirao e a rúa Hortelá
19 de Agosto, 2019 - 01:49 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de acondicionamento das rúas Peirao e Hortelá, remataron na parroquia de Perlío en Fene. Na rúa Peirao actuouse nun treito de 280 metros de lonxitude comprendido entre a rúa Hortelá á altura do cruce coa rúa Xunqueira ata o Hostal Allegue, namentres que na rúa Hortelá a actuación estendeuse entre a rúa Peirao ata a casa reitoral de Perlío, sumando 380 metros.

Rúa do Peirao de Perlío

No primeiro caso os traballos contemplaron a pavimentación e sinalización vertical e horizontal da vía. No segundo, a maiores do acondicionamento do firme, a construción de beirarrúas e novos pasos de peóns sobreelevados. Nestas actuacións  investíronse un total de 62.590 euros, que se financiaron con cargo ao POS+ 2018 da Deputación, segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora