As rúas de Redondela énchense de monicreques

As rúas de Redondela énchense de monicreques

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un total de once obras itinerantes das que se poderá gozar ao aire libre –no caso de que o mal tempo non o permitan trasladaranse ao auditorio José Figueroa- e que se completarán coa programación de sala pola que pasarán os italianos Scarlattine Teatro coa obra “Mano libera”e as “Bonecrónicas” dos brasileiros Anima sonho, o “Cocktel” dos alemáns Figurentheater Raphael Mürle e a obra “Guarda l’uccellino” de Papelito.

Hoxe no multiusos atoparémonos a “El hombre cigüeña” chegado dende Aragón da man de Los titiriteros de Binéfar. 

 

Exposición de monicreques

Unha das novidades desta décima edición é a exposición de títeres que se poderá ver durante toda a fin de semana no Multiusos. Trátase dunha colección de bonecos realizados polo taller madrileño The Root Puppets, empresa dedicada ao deseño e construcción de todo tipo de monifaces para o teatro e o cine.

En total 17 títeres que este taller construíu para o Museo da Ciencias e o Cosmos de Tenerife  e que saíron das mesmas mans de Miguel Montoya e Armando Angeles, responsables tamén das coñecidas formigas “trankas” e “barrancas”.

 

Cultura