Rúas históricas sen trompicóns

Rúas históricas sen trompicóns

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dezaseis rúas do casco histórico de Ferrol solventarán os desperfectos no pavimento que agora teñen grazas o plano de obras de acondicionamento que se desenvolverá durante a vindeira semana. As reparacións céntranse básicamente en fixar as losetas soltas e repoñer as que están en mal estado para evitar percances aos viandantes. As obras non alterarán o tráfico rodado posto que se trata de traballos de poucas horas. O fina

O departamento de Obras do Concello de Ferrol actuará nas rúas do casco histórico de tres xeitos: obras de conservación nalgunhas rúas, pavimentación con aglomerado noutras e pavimentación con pedra nas restantes. Os traballos de conservación, que levantarán e recolocarán losetas, comprenden a rúa da Igrexa nos cruces con Terra, San Amaro e Carmen e as rúas Magdalena, Gravina, Terra, María (cruce con Concepción Arenal), Dolores e cruce con Coruña, Real e cruce con Coruña, Barcáiztegui e Concepción Arenal. A pavimentación con aglomerado afectará ás rúas Magdalena e cruce con Rubalcaba, Real (cruce con Gravina), Méndez Núñez e Galiano. Por último, o pavimento con pedra resérvase para as rúas Igrexa (cruce con Barcáiztegui), Magdalena e cruce con Carmen, Rubalcaba, María (cruce con Carmen e Terra) e Real (cruce con Carmen e Concepción Arenal).

Os traballos, que xa comenzaron, estarán previsiblemente rematados o vindeiro día 15 a fin de evitar molestias nestas datas en que a afluencia de xente ao centro da cidade é máis numerosa.

O concello de Ferrol investirá tamén 14.000 euros nas obras de acondicionamento integral dos baños públicos, dado o seu estado de deterioro, do mercado municipal de Recimil. Os traballos, que darán comenzo a vindeira semana, son unha vella demanda da Asociación de Vendedores deste mercado municipal.

Institucional