Raúl Eguizábal: A imaxe publicitaria é unha potente arma de poder

Raúl Eguizábal: A imaxe publicitaria é unha potente arma de poder

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Cátedra Jorge Juan puxo o broche de ouro á súa programación do curso 2009-20010 coa conferencia ofrecida por Raúl Eguizábal Maza baixo o título “El Imperio de la imagen; en torno a la fotografía publicitaria”. Doctor en Ciencias da Información e catedrático de publicidade na Universidade Complutense de Madrid, Eguizábal fixo na súa disertación un percorrido pola evolución e utilización d

O catedrático afirmou que hoxe en día é imposible ser alleo á públicidade ou afastarse dela posto que “a publicidade pensa en nós anque nós non pensemos nela”. Non en vano o espectador recibe diariamente entre 600 e 3000 impactos visuais ó día.
Afirmou Eguizábal que a imaxe publicitaria non só é unha potente arma de poder senon que sirve en grande medida a éste. Nesta liña suliñou que “non debemos esquecer que o Estado español e o maior anunciante do país por riba de calquera compañía publicitaria”
Raúl Eguizabal é autor de numerosos libros e estudos sobre fotografía e publicidade como Teoría da Publicidade, Fotografía publicitaria ou Industrias de la Conciencia entre outros. Excelente conversador, e toda unha emimencia no estudo da publicidade, Raúl Eguizábal recoñece abertamente a enorme crise que está a sufrir tamén a industria publicitaria. Crise que ó seu xuizo ten tamén unha lectura positiva no senso de que “obliga ós medios e á industria publicitaria a reacciónar para seguir chegando ó público en tempo de crise”.

Cultura