Racing 2 - Ponferradina 0 : Seguimos con vida

Racing 2 - Ponferradina 0 : Seguimos con vida

12 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Racing de Ferrol 2 Ponferradina 0 no estadio da Malata. Con esa victoria, o equipo ferrolán situase na sexta posición á 2 puntos dos postos de promoción. O adestrador Michel Alonso afirmou a Radiofusión, “seguimos con vida, grazas a que os demais tampouco o están facendo mellor que nós, pero temos que continuar aproveitando oportunidades”.

O triunfo do conxunto departamental permítelle continuar na loita polos 4 primeiros postos. Lamatina abreu o marcador cun tanto de cabeza aos 6 minutos de xogo, tras un centro de Manolo Pérez. Kamel Ouejdide tivo unha clara ocasión de gol ao remate da primeira metade, pero o balón finalmente non acabou na rede. O equipo de Michel Alonso sofreu ata o remate do partido, cando Carlos marcou e o público da Malata puido finalmente respirar.

Deportes