Radio Burela comeza a emitir mañá

Radio Burela comeza a emitir mañá

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A radio local de Burela, incúida na rede Radiofusión comezará mañá a emitir a súa programación local. A emisora presentouse publicamente nun acto celebrado o pasado venres no salón de plenos da Casa do Concello.

Mañá xoves, 3 de marzo, Radio Burela adentrarase nas ondas radiofónicas de A Mariña de Lugo. O comezo da programación local será ás 11 co programa magacine A Mañá da Mariña. Nos vindeiros días comezarán tamén os informativos, que incluirán unha ampla sección deportiva. Nas tardes, a programación incluirá tertulias, espazos para a cultura e o asociacionismo, música e participación dos oíntes. Radio Burela pódese localizar no 107.7 da FM na comarca mariñana.

Sociedade