Radio Cos festexan na Coruña dez anos de viaxe compartida pola tradición musical galega

Radio Cos festexan na Coruña dez anos de viaxe compartida pola tradición musical galega

24 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto compartido pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Unha escolma desa tarefa transformouse nun disco homónimo editado en maio de 2013

Hai dez anos que Radio Cos percorre escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Na súa proposta hai música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país. A banda que acompaña a Fernandes e Peón confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. A música de Radio Cos quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

Cultura