Radiofusión convoca o XI Certame de cartas de amor

Radiofusión convoca o XI Certame de cartas de amor

28 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Radiofusión ven de convocar unha nova edición do seu Certame de Cartas de Amor, iniciativa que puxo en marcha en 1997. Este ano o autor ou autora da carta que resulte premiada, recibirá como agasallo unha cea romántica para 2 persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol. Como en edicións anteriores, a persoa gañadora poderá escoller un cuarto doble ou dous individuais.

Moitos autores con experiencia literaria pero tamén xente corrente con elevada criativa. Esa é a tónica da presentación de orixinais en edicións anteriores do Certame de Cartas de Amor de Radiofusión. O concurso chega a súa décimo primeira edición e as bases presentaronse este mediodia, nun acto no que participaron o alcalde de Fene Iván Puentes, o director do Parador ferrolán Héctor Carril, a concelleira de Cultura Carmen Silvar e o director de Radiofusión Henrique Sanfiz. O fallo do concurso daráse a coñecer o vindeiro 14 de febreiro, Dia dos Namorados e festividade de San Valentín. A composición do xurado do certame daráse a coñecer o 2 de febreiro, Dia da Candeloria, cando casan os paxariños, segundo di a tradición.

 

As persoas interesadas en participar deberán enviar a Radiofusión (Casa do Concello. 15500 Fene A Coruña) ou ao correo electrónico direccion@radiofusion.eu unha declaración de amor, en prosa ou en verso e que non exceda dun folio mecanografiado a doble espazo. Tamén se admitirán cartas redactadas a mán, sempre que sexan intelixibeis. As cartas de amor enviaránse baixo plica e terán que estar en poder de Radiofusión antes do 11 de febreiro, inclusive. As declaracións deberán estar redactadas en lingua galega.

É necesario saber dicir Quérote, porque no mundo actual e globalizado, dase a paradoxa que temos máis medios e máis posibilidades, pero cada vez a comunicación é peor, segundo afirmou o director do Parador de Turismo de Ferrol Hector Carril.O próximo 14 de febreiro saberáse o gañador desta cita que conta entre os premiados con autores como Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez e Pablo Jablonski. Polo xurado, de alta calidade literaria, pasaron entroutos escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López Teijeiro, Xosé Leira e Rosa Aneiros.

Sociedade