Radiofusión regala entradas para ver “o mellor” de Leo Bassi

Radiofusión regala entradas para ver “o mellor” de Leo Bassi

09 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Leo Bassi presenta en Galicia The Best Of, un espectáculo no que repasa os que el considera os seus mellores números. Radiofusión regala tres entradas para a actuación que o provocador bufón realizará o vindeiro venres día 13 no Auditorio Municipal Cine Alovi das As Pontes. Os interesados en participar no sorteo só teñen que enviar un correo electrónico -incluído o seu nome, DNI e teléfono de contacto- a viraventos

Na súa xira galega, Bassi realizará outras catro paradas. O xoves actuará na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, escenario ao que se tivo que mudarse logo da negativa do alcalde da cidade a ceder o Salón Teatro; mentres que o domingo amosará The Best of no Auditorio Municipal de Cangas. O cómico italoamericano aproveitará tamén para reiterar o seu compromiso coas reivindicacións do pobo palestino, participando nas galas solidarias que se celebrarán o sábado en Corcubión e o luns 16, no marco da MITEU, en Ourense.  

Cultura